O novo mapa do transporte público "duplicará" o número de viaxes en Lugo

Duplícase o número de quilómetros, que pasa de medio millón a 1.200.000 e haberá trece contactos zonais con 170 autocares. 


|

Autobusviajero


A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asegurou este mércores en Lugo que co novo plan de transporte público da Xunta "duplicarase" o número de viaxes na provincia luguesa.


En rolda de prensa, Ethel Vázquez, ademais de incidir en que "se duplican as viaxes" con este novo plan que se concerta tamén co escolar, puntualizou que "o servizo se vai mellorar, no número de frecuencias, en número de paradas, en puntos onde a día de hoxe non chega o transporte xeral vai chegar".

O MAPA LUCENSE DO TRANSPORTE, EN CIFRAS


1.200.000 quilómetros

170 autocares

13 contratos zonais

42 rutas escolares


Outro aspecto que se duplica é o número de quilómetros, sobre o que subliñou que "a día de hoxe o transporte xeral percorre en Lugo medio millón de quilómetros ao ano, cos novos servizos que se implantarán a partir do un de agosto serán 1.200.000 quilómetros".


Así mesmo, apuntou que serán "trece contratos zonais" para a provincia de Lugo, o que sumaría sobre 170 autocares para realizar este servizo que se viu obrigada a Xunta a reordenar.

"A día de hoxe o transporte xeral percorre en Lugo medio millón de quilómetros ao ano, cos novos servizos que se implantarán a partir do un de agosto serán 1.200.000 quilómetros"


"Estes trece contratos zonais (en Lugo) mellorarán a eficiencia aproveitando as prazas baleiras do transporte escolar. Son 42 rutas escolares as que se incorporan nesta primeira fase, por tanto o doce por cento das rutas escolares", puntualizou.


Tamén sinalou que "son 5.000 as familias (en Galicia) que viven do sector do transporte", e apuntou que co novo plan incrementarase o emprego "porque o número de acompañantes (do transporte escolar) incrementarase o dez por cento".


Estes datos ofreceunos durante a presentación do anteproxecto da Primeira Fase do plan de Transporte Público de Galicia en Lugo.

relacionada O prezo dos billetes será de 1,40 euros nas novas liñas de autobús
relacionada Os autobuses escolares en Galicia poderán levar tamén outros viaxeiros no rural
relacionada Competencia investiga a renuncia de empresas de transporte a 600 liñas de autobús no rural

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE