O Tribunal das oposicións á Policía Local de Vigo ordena que se repitan

Considera probada a amizade íntima entre dous dos vogais e varios aspirantes que se presentaron á proba.


|

Policialocal 1


As oposicións á Policía Local de Vigo repetiranse antes de que remte o verán. Así o acaba de decidir o Tribunal, ao considerar probada a amizade íntima entre dous dos vogais e varios aspirantes que se presentaron á proba.


A queixa naceu de varios opositores, que atoparon nas redes sociais motivos para sospeitar da relación persoal entre os dous membros do tribunal agora recusados, axentes da Policía Local de Mos, e dous opositores.


O exame teórico anulado repetirase nas próximas semanas, en canto estean nomeados os novos vogais. Máis de 500 persoas estaban citadas para obter as 23 prazas de Policía Local da oferta de emprego.

relacionada A Xunta anuncia as mesmas prazas para educación nas oposicións do ano que vén
relacionada Máis de 1.200 opositores optan a 36 prazas da Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE