Máis de 1.200 opositores optan a 36 prazas da Xunta
Son 20 prazas de axentes de guardacostas e 16 das escalas de finanzas da Xunta.
Un total de 1.233 persoas participarán nas oposicións a 20 prazas de axentes de gardacostas e 16 das escalas de finanzas da Xunta de Galicia, segundo as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas nestes procesos selectivos publicados este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Segundo informa a Consellería de Facenda, o DOG recolle as resolucións da Dirección Xeral de Función Pública polas que se aproban e fanse públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para o ingreso no corpo superior de administración, escala superior de finanzas (A1); no corpo de xestión de administración, escala técnica de finanzas (A2); e no corpo de axudantes facultativos, escala de axentes de Servizo de Gardacostas.
As convocatorias destes procesos selectivos, segundo lembra Facenda, publicáronse no DOG dos días 15, 19 e 27 de decembro de 2016, respectivamente.
Para a escala superior de finanzas convocáronse oito prazas, con 135 persoas admitidas e 17 excluídas. Para a escala técnica de finanzas, convocáronse oito postos, con 398 aspirantes admitidos e 26 excluídos.
Mentres, para a escala de gardacostas convocáronse, segundo indica a Consellería de Facenda, un total de 20 prazas, con 700 admitidos e 131 excluídos.
Escribe o teu comentario