Verónica Boquete loita por conquistar a súa segunda Champions

Se o PSG supera esta noite o Lyon, o equipo feminino faría historia adiantándose aos homes ao gañar o máximo título continental.


|

Veroboquetepsg


Verónica Boquete chega á súa terceira final da Champions League en catro anos, coa mente posta en conseguir para o PSG o mesmo título europeo que lle arrebatou ao club francés en 2015. Se esta noite gañan en Cardiff ao Lyon, será o segundo título continental da galega.


Así, nunha entrevista en uefa.com, Verónica Boquete destaca a importancia de aproveitar esta final. "Estamos a falar dun gran club, probablemente o club máis grande de Francia, coñecido por todo o mundo, pero que non gañou ningún título UEFA. Se o club gaña a Champions League, faría historia. Se as mulleres son as primeiras en conseguilo, sería un empuxe para a sección de mulleres, axudaría a despegar e atraer máis afección para os clubs de fútbol feminino", analiza a xogadora.



Para algunhas das súas compañeiras é a primeira final que disputan. Ante esa situación, Vero Boquete ten máis experiencia e espera "poder axudar para que as emocións e a tensión non se vaian das mans. E durante o partido, tentarei que a presión non poida connosco e axudar ás miñas compañeiras cando teñamos que apertar e atacar".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE