Villares valora que Ferreiro recoñeza que "o papel do portavoz é complicado"
Engadiu que "con ese punto de partida" traballará para que "o proceso de unidade popular siga avanzando".
O dirixente de En Marea Luís Villares valorou que o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recoñecese que "o papel do portavoz é complicado sempre" e destacou que traballa "como desde o primeiro día" para que "todo no espazo de confluencia" sexa "o mellor posible".
Villares pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polas afirmacións do rexedor herculino que, nunha entrevista concedida a Europa Press, considerou "anómalo" que a lista que gañou por maioría as eleccións internas de En Marea non sexa a que coordina. Ademais, na entrevista, asegurou que "o que un espera dun portavoz parlamentario e portavoz de En Marea é que sirva de aglutinador de diferentes sensibilidades".
Respecto diso, o ex maxistrado lucense considerou que o feito de que Ferreiro recoñecese que o papel dun portavoz "é complicado" supón "un punto de partida". "Con ese punto de partida, traballamos para que todo o proceso de unidade popular siga avanzado", apuntou.
Escribe o teu comentario