En Marea rexeita que se aprace a moción de censura contra Rajoy

|

Gomezreino


O deputado de En Marea Antón Gómez-Reino rexeitou a petición que fixo Compromís a Podemos acerca de aprazar a moción de censura contra Rajoy, que se celebrará o 13 de xuño, alegando que non hai que dar "nin un minuto máis" ao Goberno "corrupto" do PP.


"Desde En Marea témolo claro: a nosa única atadura --non sabemos cales poden ser as dos compañeiros valencianos-- é coa nosa xente", apuntou en declaracións ás Sexta recollidas por Europa Press, apuntando que os cidadáns "se manifestaron claramente" votando a favor da iniciativa.


"Non sabemos por que os compañeiros valencianos agora saen con isto", afirmou, preguntado por esta formulación de Compromís, que pediu a Podemos que atrase esta moción de censura ata que sexa máis probable que poida prosperar.


"A nosa análise é moi clara: nin un minuto máis ao Goberno corrupto do PP", aseverou, para despois tachar de "imprescindible" dicir "basta" ao Executivo de Rajoy.


UN XESTO PARA NEGOCIAR


O portavoz parlamentario de Compromís, Joan Baldoví, pediu este xoves ao secretario xeral electo do PSOE, Pedro Sánchez, que faga un "xesto" mostrando a súa disposición para negociar co resto da oposición unha moción de censura contra Mariano Rajoy, esperando que ese movemento permita a Unidos Podemos deixar en suspenso a súa e abrir camiño para buscar un acordo que garanta máis apoios.


En rolda de prensa na Cámara Baixa, Baldoví quixo deixar claro que Compromís comparte os motivos da moción de Unidos Podemos, cuxo debate está previsto para o 13 de xuño, pero dado que non conta co respaldo necesario para saír adiante, tamén reclamou aos de Pablo Iglesias que atrasen esa data ata que o PSOE configure a súa nova dirección.


APOIARANA EN CALQUERA CASO


Tras insistir en que Compromís actúa "de forma autónoma" e non pretende facilitar a Unidos Podemos a retirada da súa moción, deixou claro que se os de Iglesias desatenden a súa demanda e seguen adiante coa súa iniciativa, os catro deputados da súa formación apoiarana "por coherencia" e dando por feito que no seu programa incluirá solucións para a situación que vive a Comunidade Valenciana.


Pero Baldoví afanouse en defender que se a maioría da oposición "comparte os motivos da moción de censura" de Unidos Podemos, pero discrepa de Iglesias como candidato, "o lóxico" é buscar a unha persoa de consenso. Compromís xa pediu a Unidos Podemos que presentase un independente como candidato.


O PSOE ACORDARÁ A SÚA POSICIÓN


O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, coordinará coa Xestora e a dirección do Grupo Parlamentario Socialista a posición que adoptará o partido fronte á moción de censura contra o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que presentou Podemos e que non ten ningún viso de prosperar.


A pesar de ter toda a lexitimidade como secretario xeral, Sánchez ten intención de falar e coordinar tanto coa Xestora como a dirección do Grupo Parlamentario Socialista o sentido do voto no debate desa moción de censura, a condición de que esta se manteña, pois non terá unha Executiva na que apoiarse ata o Congreso Federal do partido para mediados de xuño.

relacionada Ana Pastor convoca para o 13 de xuño o debate da moción de censura
relacionada Podemos, disposto a retirar a súa moción de censura e a investir a Sánchez
relacionada En Marea aproba a moción de censura a Rajoy cun 85% de votos
relacionada Iglesias: "A moción de censura vai máis aló da aritmétrica parlamentaria"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress