O Ourense CF xógase o ascenso á Terceira
O club quere celebrar o seu 40 aniversario cun novo ascenso, que está pelexando co Arenteiro ata o último momento.
Este domingo, o Ourense CF tentará celebrar o seu 40 aniversario ascendendo á Terceira División Española excedendo o seu rival, que pelexa pola mesma praza, o Arenteiro. Así, a partir das 18h da tarde no Couto, o Ourense enfrontarase ao Gondomar, que non se xoga nada.
O Arenteiro empatou este domingo pasado ante O Grove, un equipo vido a menos a medida que foron pasando as xornadas ata o punto de non depender xa de si mesmo, e que agora só pode gañar ao Portonovo e esperar un tropezo do equipo da capital.
A xesta do Ourense, con todo, é algo a ter en conta. Un club de barrio que empezou hai corenta anos chamándose coma o restaurante que os patrocinaba, sendo ese o único ingreso que tiñan, baixo a presidencia de Plácido Díaz.
Despois dunha proxección constante ata sufrir derrotas en tres promocións de ascenso a Segunda B, o Ourense CF, hoxe con Camilo Díaz, o fillo de Plácido, na presidencia, cumpre 40 primaveras esperando volver ao fútbol profesional.
Escribe o teu comentario