Os socialistas denuncian que os PGE fixan a chegada do AVE a Ourense en 2024

Leiceaga reclama unha Comisión Especial no Parlamento de Galicia para fixar en dous meses a demanda de actuacións, prazos e orzamentos nas infraestruturas.


|


AnexoPGEllegadaavegalicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que Feijóo "mira para outro lado, silva e ri as grazas ao ministro de quenda" mentres lle dan "labazada tras labazada" ás infraestruturas en Galicia, á vez que revelou que os Orzamentos Xerais do Estado fixan a chegada do AVE a Ourense para o ano 2024.


Leiceaga criticou a "compracencia" de Feijóo fronte aos "recortes, escusas e atrasos" nas obras do Estado en Galicia. Puxo como exemplo que están "a alimentar o atraso" do AVE a Galicia, despois de "5 anos deixando de executar un 40 por cento dos fondos", o que supón "máis de 2.200 millóns de euros", ao que responden cun novo recorte en 2017 cando "debera ser ao revés e incorporar o non executado".


O portavoz socialista aludiu ao "clamor" contra o desinterese de Rajoy coas infraestruturas galegas ao que veñen de sumar as organizacións empresariais, como as confederacións de empresarios de Lugo e Pontevedra, ou o Círculo de Empresarios de Vigo. Advertiu que, 30 anos despois do AVE Madrid-Sevilla, "vai finalizar esta lexislatura sen que sexa posible chegar a Madrid desde Santiago en 2 horas e 35 minutos".


Na súa réplica, Feijóo dixo "comprender" as dúbidas do PSOE sobre a chegada do AVE, tendo en conta que o seu goberno foi incorrendo en varios incumprimentos de prazos. "Abel Caballero prometeu que chegaría en 1993!", evocou a etapa do alcalde vigués como ministro de Fomento.


Aveobrastrenvas 1


No que incumbe ao Executivo actual, Feijóo asumiu "un atraso de tres trimestres", ata finais de 2019. "E se non é así, eu serei o primeiro en aceptar que non se cumpriu con Galicia", sostivo, pero indicou que como político que "só" depende "do voto dos galegos", interésalle "" que se lle "crea" cando dá datas.


Con todo, non desaproveitou a ocasión de lembrar que "o 'non é non' tivo un impacto enorme" sobre a construción desta infraestrutura, tendo en conta que España viviu un ano "sen goberno". De feito, ironizou ao desexar que a volta de Pedro Sánchez ao liderado do PSOE non leve tamén a volta de Magdalena Álvarez ao Ministerio de Fomento.


TRANSFERENCIA DA AP-9


Sobre a transferencia da AP-9, Leiceaga advertiu que ao Goberno "sáelle a conta" que a concesionaria lles ingrese 20 millóns ao ano polo imposto de sociedades mentres os galegos e galegas "asumen o custo das obras a través do aumento das peaxes".


Ademais, o portavoz socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que explique "cantos quilómetros de AVE estarían feitos e cánto poderiamos rebaixar as peaxes da AP-9 coas comisións pagas en Xénova e que nutriron a caixa b pola que terá que declarar o presidente do goberno".


FEIJÓO: "VOU A CUMPRIR O meu PROGRAMA"


Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu que non renunciará ao traspaso da AP-9 a Galicia a pesar da negativa xa verbalizada polo Goberno para transferir esta infraestrutura. "Entre cumprir o programa co que me presentei ás eleccións ou seguir os ditados do meu partido en Madrid, non teño dúbida: vou cumprir o meu programa", proclamou.


Ante o pleno do Parlamento, ás preguntas de Leiceaga e Villares, o presidente reafirmouse en que dará a batalla polo traspaso da vía, algo que "sempre" defendeu --segundo as súas propias palabras-- a diferenza doutros grupos.


Tamén puxo en valor que "algo" se avanzou "" durante a súa etapa de goberno, pois agora a xestión da AP-9 faise a través de unha comisión mixta Xunta-Fomento e Galicia xa non paga pola supresión das peaxes en Rande e A Barcala. "Aforramos 180 millóns de euros", destacou.

relacionada Os PGE garanten a chegada do AVE a Galicia no terceiro trimestre de 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE