Expulsan a Antón Sánchez do hemiciclo durante un debate sobre Venezuela
Acusou ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, de ter un trato desigual cos deputados e favorecer ao grupo popular.
O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, foi expulsado do hemiciclo da Cámara galega este mércores durante o debate dunha proposición non de lei sobre a situación política e social que se vive en Venezuela.
En concreto, Sánchez foi expulsado tras ser chamado á orde e despois de acusar ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, de ter un trato desigual cos deputados e favorecer aos do PP en prexuízo dos de En Marea durante os debates.
E é que o debate sobre Venezuela provocou que durante os discursos dos distintos deputados que interviñeron se escoitasen os murmurios desde as bancadas contrarias.
Escribe o teu comentario