Alimentar animais abandonados e recollelos sairá moi caro
A nova Lei de Protección e Benestar Animal prohibe sacrificios aos centros de acollida.
Alimentar a gatos e cans abandonados en vías públicas sen permiso municipal será multado con ata 500 euros, mentres que recollelos supoñerá unha infracción grave se non se conta coa autorización correspondente e esta práctica será sancionada con ata 5.000 euros.
Así se recolle no proxecto de Lei de Protección e Benestar Animal que acaba de iniciar a súa tramitación parlamentaria. Entre as novidades da norma, ademais das sancións mencionadas, están a restrición da eutanasia nos centros de acollida, que a Xunta prohibirá excepto en casos nos que permita evitar o sufrimento de animais enfermos ou que deban ser sacrificados por saúde pública, razóns de seguridade e ambientais; a creación de fogares temporais como unha nova figura que contribúa a reducir a masificación dos refuxios; a obrigada esterilización de cans e gatos que, ao saír das súas vivendas poidan ter contacto non controlado con outros; os límites a vender animais a menores de 16 anos ou o requirimento dun permiso para ter máis de cinco animais na casa.
Tamén se prohibe a mutilación con fins estéticos e os circos con animais silvestres ao entender que leva malos tratos e sufrimento.
Escribe o teu comentario