Calvario xudicial dunha viguesa xulgada 12 veces cando era ela a vítima da estafa

Chegárona a condenar en dúas ocasións | Pide para o estafador seis anos de cárcere por supostos delitos de estafa, usurpación de identidade e revelación de segredos. 


|

Comprasonline 1


Un estafador barcelonés suplantou a identidade dunha moza viguesa de 18 anos e fíxose pasar por ela decenas de veces en vendas fraudulentas a través do portal Wallapop a clientes de toda España. Así foi como a estudante de Vigo, a pesar de ser inocente, acabou condenada dúas veces por estafa e tivo que acudir a outros dez xuízos, nos que foi absolta.


A moza ten agora 20 anos e pide que o estafador que usou os seus datos persoais cumpra unha pena de seis anos de cárcere por supostos delitos de estafa, usurpación de identidade e revelación de segredos.


En declaracións a La Voz de Galicia, a moza asegura que foi condenada as dúas primeiras veces porque non recorreu a un avogado, pero ante a avalancha de denuncias viuse obrigada a contratar un letrado e gastar 3.750 euros na súa defensa, logrando a revogación das súas condenas e a absolución no resto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE