3.400 familias galegas quedan sen prazas públicas de garderías

O PSdeG acusa á Xunta de "inflar as contas dos centros privados" e o Executivo presume das axudas do 'bono Concilia'.


|

Guarderiaxunta


A directora xeral de Familia e Infancia, Amparo González, reivindicou este xoves o aumento de prazas públicas de gardería desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo á Xunta, aínda que a deputada do PSdeG Noela Branco os acusou de "inflar as contas dos centros privados" con apoios económicos e derivacións.


En comisión parlamentaria, a socialista lembrou que unhas 3.400 familias non obtiveron prazas públicas para deixar os seus fillos. "A cifra pon os pelos de punta", salientou, antes de esixir ao Goberno galego que "cambie o rumbo".


Enfronte, o alto cargo da Xunta apuntou que o cociente de cobertura con prazas públicas pasou do 19 por cento en 2009 a superar o 38 por cento na actualidade con máis de 22.400 prazas. Ademais, indicou que hai dúas escolas infantís en construción noutros tantos parques industriais.


Finalmente, para deixar claro o "compromiso" do Executivo autonómico coa conciliación e coa escolarización dos máis pequenos, lembrou que o 'bono Concilia' (que implica unha axuda de entre 45 e 250 euros) volverá chegar este ano a todos os solicitantes.

relacionada A Xunta ofrece 22.400 prazas para nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE