O Cunqueiro informa das operacións aos familiares a través de SMS

Unha aplicación permite enviar información durante unha invervención cirúrxica. Funciona en todas as especialidades.


|

Movilsms



O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo empezou a informar os familiares sobre o que pasa dentro do quirófano. Grazas a unha app móbil, o propio persoal que participa na intervención pode enviar ás familiares mensaxes con información para facer a espera máis levadía.


Esta plataforma de comunicación baseada no envío de SMS, explica o Sergas nun comunicado, ten como obxectivo "informar os acompañantes" dos pacientes "sen que teñan que estar fisicamente na sala de espera durante a intervención", así como "mitigar a súa inquietude mentres esperan".


Enmarcada no Plan de Mellora e Escoita Activa que desenvolve a Eoxi de Vigo, esta medida contempla que as mensaxes de texto sexan enviadas desde o propio computador do quirófano mediante a plataforma Avisa_me, polo que a comunicación é "directa e rápida".


O SMS pode ser de dous tipos: un que avisa de que a operación finalizou e outro para informar de que continúa.


A aplicación empezou a usarse en operacións infantís e agora estenderase para todas as especialidades e no futuro, ao Meixoeiro.

relacionada O 'Tramabús' aparca no Cunqueiro cunha foto de Feijóo como 'convidado especial'
relacionada O Cunqueiro terá parking gratuíto só "para a xente de Vigo"
relacionada ​A pesar de las quejas de pacientes, los profesionales del Cunqueiro lo consideran el mejor de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE