As anpas están a favor de que os autobuses escolares leven viaxeiros

O Goberno galego subliña que a posibilidade de que autobuses escolares transporten viaxeiros "é un dos eixos sobre os que pivota" a reordenación do transporte público da Comunidade. 


|

Autobusescolar


A Xunta asegura que "as principais agrupacións" de pais e nais de alumnos (anpas) de Galicia e representantes docentes están a favor da integración do transporte escolar e de viaxeiros.



Diso informa nun comunicado, tras unha reunión mantida entre o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, con responsables de Confapa e de Anpas Galegas, así como con representantes de Inspección Educativa e da xunta autonómica de directores.



O Goberno galego subliña que a posibilidade de que autobuses escolares transporten viaxeiros "é un dos eixos sobre os que pivota" a reordenación do transporte público da Comunidade, nunha fase piloto que comezará no verán e que seguirá nun segundo período a partir de 2019.



A finais deste mes de maio someterase a información pública os proxectos nos que se integrarán as liñas regulares cos servizos de transporte escolar, para o que se abrirá un prazo de alegacións de 10 días.



A Xunta garante que neste proceso blindarase a atención ás necesidades do alumnado no tocante a horarios e paradas, mentres que haberá acompañantes en todas as liñas.

relacionada O novo mapa do transporte por estrada en Galicia empezará a funcionar en agosto

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE