O xuíz cita a Villar Mir como imputado no 'Caso Lezo'

O expresidente de OHL e outras 52 persoas serán chamadas a declarar como investigados entre o 12 de setembro e o 31 de outubro. 


|

Villarmir


O titular de Xulgado de Instrución número 6 da Audiencia Nacional, Eloy Velasco, imputou ao expresidente de OHL Juan Miguel Villar Mir na investigación do "caso Lezo". Así mesmo, chama a declarar como investigados a outras 52 persoas entre o 12 de setembro e o 31 de outubro.


O maxistrado levanta parcialmente o segredo do sumario desta causa, que divide en seis pezas separadas, a cuarta referida a a presunto financiamento ilegal do PP de Madrid.


No mesmo auto, o xuíz acorda levantar o segredo das actuacións respecto dos tomos 1 a 19, ambos inclusive, e prorroga o secreto respecto do resto de actuacións e pezas separadas polo prazo dun mes.

relacionada Zaplana e Villar Mir, investigados na 'operación Lezo'
relacionada Ana Pontón agarda que a "corrupción do PP" non "salpique a Galicia"
relacionada En Marea súmase á petición do BNG de analizar os contratos da Xunta con Villar Mir

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE