Emmanuel Macron toma posesión como presidente da República de Francia

|

Macronhollande


Emmanuel Macron, un ex banqueiro de 39 anos, converteuse este domingo no presidente máis novo na historia de Francia, despois de impoñerse á líder ultradereitista, Marine Le Pen, na segunda volta electoral do 7 de maio, despois dunha campaña electoral marcada pola sucesión de escándalos políticos.


Macron foi proclamado vixésimo quinto presidente da República de Francia nunha solemne cerimonia celebrada no Palacio do Elíseo durante a que recibiu a Gran Cruz e o Gran Colar de Gran Mestre da Orde Nacional da Lexión de Honra de mans do xeneral Benoit Poida.


Espérase que o novo presidente francés, que xa designou o seu equipo polo Elíseo, nomee o primeiro ministro e o Goberno o luns, aínda que a continuidade do Executivo está condicionada á decisión que tome o Parlamento xurdido das eleccións lexislativas do xuño próximo, que poderían dar lugar a unha nova cohabitación.


HOLLANDE ABANDONA O ELÍSEO


François Hollande abandonou o Palacio do Elíseo simbolizando así o final da súa etapa como presidente de Francia, marcada pola súa escasa popularidade e a ameaza terrorista.


Hollande saíu pola entrada principal xunto a Macron e andou por unha alfombra vermella, no medio dunha gran ovación dos apostados na esplanada do Elíseo, que o seu sucesor acompañou con aplausos, ata chegar ao coche que o sacou do que foi o seu fogar durante o últimos cinco anos.

relacionada Macron collerá o relevo a Hollande este mesmo domingo
relacionada Macron, novo presidente de Francia esmagando a Le Pen

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE