Sanidade reforza o control sanitario nos establecementos de restauración

|

Trabajodepie


A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, acaba de reforzar as actividades ordinarias de control oficial nos establecementos de restauración colectiva por medio dunha campaña especial realizada polos inspectores de cada zona veterinaria de forma individual ou en equipos de dous.


Nun comunicado remitido pola Xunta, a Consellería explicou que o total de establecementos revisados foron 3.128, dos que 1.303 son de restauración colectiva sen comedor; 1.419 de restauración colectiva con comedor independente; e 406 de restauración social.


No transcurso desta revisión, Sanidade destacou que, dos establecementos censados con data 1 de xaneiro de 2017, que sumaban un total de 21.849, un total de 1.907 xa deron de baixa a súa actividade.


Os establecementos inspeccionados foron un total de 1.221, 370 de restauración colectiva sen comedor; 776 de restauración colectiva con comedor independente; e 75 de restauración social. Deles, 663 cumprían os requisitos; mentres que se detectaron 558 con incumprimentos.


As medidas tomadas inclúen 457 requirimentos para emendar as non conformidades, 25 suspensións cautelares da actividade, 18 inmovilizaciones de produto e 23 expedientes sancionadores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress