Controlados os tres incendios forestais iniciados esta fin de semana

Entre Folgoso do Courel, Ribadavia e Bande roldan as 180 hectáreas queimadas en menos de 24 horas.


|

Incendionogueiraderamuin2


Os incendios forestais iniciados esta fin de semana en Galicia quedaron controlados entre esta madrugada e a primeira hora a mañá deste domingo. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, non queda ningún lume activo que supere as 20 hectáreas.


Ás 7 quedou controlado o incendio rexistrado o sábado ás cinco da tarde no concello lugués de Folgoso do Courel, na parroquia de Seoane. As estimacións da Consellería cifran a superficie afectada nunhas 50 hectáreas. Na extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.


En Ribadavia un lume iniciado a medianoite arrasou unhas 100 hectáreas en poucas horas. Puido ser controlado pouco antes das cinco da madrugada, afectando á parroquia de San Domingos de Fóra.


E tamén está controlado o incendio iniciado ás 10 da noite en Bande, na parroquia de Carpazás. Ata o seu control, ao redor das 9 e media desta mañá, o lume arrasou unhas 28 hectáreas.

relacionada Activo un incendio en Folgoso do Courel
relacionada Galicia rexistrou máis de 380 incendios en abril

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE