A Policía rexistra as vivendas de Jordi Pujol e do seu fillo maior

|

Jordipujol


Axentes da Policía Nacional rexistran este mércores os domicilios do ex presidente da Generalitat Jordi Pujol e do seu fillo, Jordi Pujol Ferrusola, por orde do xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata, que investiga o patrimonio familiar.


Os axentes acudiron á casa do ex mandatario catalán ao día seguinte de que o xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata decretase prisión incondicional de Jordi Pujol Ferrusola, o fillo maior, pola evasión fóra de España dun "mínimo" de 30 millóns de euros desde que se comezou a investigar o clan en 2012.


O primoxénito do Pujol está presente nos rexistros que se practican durante o día de hoxe. Do edificio, sen embargo, viuse saír o ex presidente da Generalitat, que non fixo declaracións e foise en coche. Jordi Pujol non está obrigado a estar presente durante os rexistros xa que a investigación céntrase no seu fillo e non na súa persoa.



Podes ler máis sobre esta información en CatalunyaPress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress