O xulgado rexeita suspender o congreso do PP coruñés como solicitaba Escribano

Mato considera que o seu rival só busca "entorpecer" e defende o labor do comité organizador que tacha de "inmaculado" | Tellado deixa claro que o obxectivo é "apartar a Ferreiro da alcaldía"


|

Javierescribanocorunha


A titular do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña acordou que "non hai lugar" a adoptar a medida cautelar de suspensión do congreso local do PP coruñés, solicitado por un dos candidatos, o ex deputado autonómico Javier Escribano.


En concreto, Escribano presentou este venres un escrito, dirixido ao xulgado decano, pedindo a suspensión. Fíxoo despois de que o titular do xulgado de garda, ante o que presentou un escrito este xoves coa mesma petición, alegase que non era competente para unha decisión deste tipo.


Agora, no auto rexéitase o argumento de Escribano de que, a catro días do congreso, se solicitase que os afiliados con dereito a voto e a avalar tivesen que estar ao día das cotas.


Así, a xuíza considera de "sentido común" que sexa necesario "cumprir coas obrigacións estatutarias" cando se forma parte dunha asociación ou dun partido, neste caso. Ademais, apela no mesmo sentido ao contido dos estatutos do PP no ámbito nacional.


MATO: "BUSCA ENTORPECER"


A súa rival a presidir o PP da Coruña, a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio Beatriz Mato, considerou que o ex deputado autonómico só busca "entorpecer" o congreso coa súa decisión de pedir a suspensión cautelar do mesmo por supostas irregularidades.


Mato engadiu que o ex deputado autonómico só busca "entorpecer un congreso que foi inmaculado", dixo tras defender o labor do comité organizador.


TELLADO: "O OBXECTIVO É APARTAR A FERREIRO"


Por outra banda, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo "avalar" o traballo do comité organizador do congreso local dos populares da Coruña, que elixirá este venres novo presidente na cidade herculina, posto que o considera "imparcial".


De tal forma, Tellado deixou claro que na Coruña o obxectivo "é apartar a Xulio Ferreiro da Alcaldía", "e á vista das declaracións das últimas semanas, probablemente, tamén é un obxectivo que comparte o señor Luís Villares".


Respecto diso, Tellado lembra que o PP renovou equipos nunha vintena de concellos no que vai de ano, e ao congreso da Coruña seguirá o de Lugo --nunha cita que será o 26 de maio-- co fin de "recuperar dúas alcaldías moi importantes".

relacionada Escribano pide ao xuíz decano a suspensión cautelar do congreso do PP coruñés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE