Un español, condenado a morte en Tailandia por asasinar un compatriota
A sentenza cúlpao de secuestro, tortura e asasinato. Levaba en prisión en Bangkok desde febreiro de 2016.
O cidadán español Artur Segarra foi condenado a pena de morte este venres por un tribunal tailandés polo asasinato en xaneiro de 2016 do seu compatriota David Bernat, segundo informou o diario dixital tailandés Khaosod.
Segarra foi sentenciado por secuestrar, torturado e asasinado a Bernat, ademais de por desmembrar o seu cadáver. Os fragmentos do corpo de Bernat foron atopados polas autoridades flotando no río Chao Phraya.
Segarra compareceu ante o tribunal e, á súa entrada na vista, sorriu mentres mostraba na man unha cita do Evanxeo de San Lucas que di textualmente "Perdóaos porque non saben o que fan".
Segarra levaba detido nunha prisión de Bangkok desde febreiro de 2016, tras ser arrestado na provincia Sihanoukville, en Cambodia, e extraditado a Tailandia.
Escribe o teu comentario