A Deputación de Lugo achega a Maruja Mallo aos centros educativos
O organismo provincial poñerá en marcha unha serie de actividades sobre a pintora en 44 colexios e institutos.

A Deputación de Lugo poñerá en marcha en 44 centros educativos da provincia unha serie de actividades sobre a pintora de Viveiro Maruja Mallo.
Diso deu conta o organismo provincial a través dun comunicado relativo á reunión que mantivo a responsable de Cultura, Pilar García Porto, cos alumnos do IES lugués Ánxel Fole.
Coa programación de actividades, a Deputación súmase á homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas.
O Museo de Pontevedra expón dous debuxos surrealistas inéditos de Maruja Mallo
Escribe o teu comentario