O FMI eleva a súa previsión de crecemento para España en 2017 ata o 2,6%

A taxa de paro en España seguirá superando amplamente a media da zona euro, que se sitúa unicamente por detrás de Grecia.



|


FMILagarde

O Fondo Monetario Internacional (FMI) mellorou tres décimas o seu prognóstico de crecemento para España en 2017, ata o 2,6%, fronte ao 2,3% que estimaba o pasado mes de xaneiro, mentres que confirmou a súa previsión dun ritmo de expansión do 2,1% en 2018, segundo reflicte a última edición do informe 'Perspectivas da economía mundial' elaborado pola institución.


Deste xeito, España aparece como a economía desenvolvida que mellor evolución rexistrará este ano entre as grandes e superará en nove décimas a media estimada para a eurozona (+1,7%), aínda que crecerá menos que outras economías avanzadas máis pequenas como Islandia (+5,7%), Malta (+4,1%), Luxemburgo (+3,7%), Irlanda (+3,5%) ou Suecia (+2,7%).


Así mesmo, as expectativas de crecemento do FMI para a economía española en 2017 superan mesmo as do Goberno, que aposta por unha expansión do 2,5% este ano, aínda que o Executivo español cualificou as súas proxeccións de "prudentes".


Pola súa banda, a proxección de crecemento do 2,1% para 2018 sitúa a España medio punto porcentual por encima da media de expansión prevista para a eurozona e só por detrás de EEUU (+2,5%) entre as maiores economías avanzadas.


O maior crecemento de España previsto polo FMI terá reflexo nas cifras de desemprego, que baixará en 2017 ao 17,7% e ata o 16,6% un ano despois, fronte ás anteriores proxeccións do 17,9% e o 17%, respectivamente.


A pesar desta mellora das expectativas, a taxa de paro en España seguirá superando amplamente a media da zona euro, que se situará no 9,4% este ano e o 9,1%, situándose unicamente por detrás de Grecia, cuxo desemprego será do 21,9% en 2017 e do 16,6% en 2018.

relacionada O FMI insiste en que España manteña salarios baixos para recuperar emprego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE