35 concellos están obrigados a censar os galiñeiros familiares pola ameaza da gripe aviaria

En sete municipios do Salnés, as aves de curral deberán, ademais, estar baixo cuberto para evitar o contacto con aves migratorias.


|

Gallinasgallinero


A Consellería do Medio Rural, seguindo un protocolo do Ministerio de Agricultura, obriga a 35 concellos galegos a censar os galiñeiros familiares. A finalidade é contar cun rexistro que permita controlar a aparición dun foco de gripe aviaria.


En sete concellos do Salnés, considerados zonas de especial risco, as aves de curral deberán estar gardadas a cuberto para evitar o contacto con aves migratorias que poidan transmitir o virus. A orde abarca Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Cambados, A Illa de Arousa e Vilanova de Arousa.


O departamento de García Tejerina considera que estes municipios teñen factores de risco como a densidade de aves migratorias nos humidais, o gran número de explotacións de aves de curral próximas a humidais onde as aves poden reunirse e a dificultade de evitar suficientemente o contacto coas aves de curral ou outras aves cativas e especies silvestres.


As dependencias municipais e as oficinas agrarias comarcais da Consellería dispoñen dun formulario que debe cubrir e entregar canto antes quen dispoña de galiñeiros nestes municipios.

relacionada Capturan unha aguia con anel que matou varias galiñas e un galo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE