"A Coruña é unha cidade de mulleres"
O Observatorio coruñés da igualdade destaca a participación feminina en áreas como a mobilidade e os deportes.
Carreira popular da Torre de Hércules.
A Concellería de Igualdade e Diversidade, que dirixe Rocío Fraga, acaba de analizar os datos extraídos do informe do Observatorio municipal de Igualdade e Diversidade, con colaboración co Observatorio Urbano e o Observatorio Socio Laboral, denominado 'A Coruña en Cifras. Mulleres e Homes na cidade'.
A edil destacou, tal e como indicou o Concello nun comunicado, que o informe ofrece "unha mostra clara" de que A Coruña é "unha cidade de mulleres", onde "son precisamente as mulleres as que máis uso fan dos servizos públicos", destacando a súa participación en áreas como a mobilidade ou os deportes.
A responsable municipal subliñou a importancia de estudos coma este, pois o compromiso do Concello é que "a igualdade bañe todas as áreas do Goberno local".
En concreto, Fraga sinalou que, segundo os datos do informe, preto de tres de cada catro persoas viaxeiras nas liñas de bus urbano con cartón Millennium son mulleres.
Escribe o teu comentario