Ponte Caldelas e Poio irmándanse contra a "discriminación" da Xunta

Os dous municipios suman forzas para reclamar obras en dúas estradas "das máis perigosas" toda a rede viaria galega.


|

Carreterasecundaria


Os municipios pontevedreses de Ponte Caldelas e Poio realizaron un acto de "irmandamento" ante a "discriminación" que din sufrir por parte da Xunta relacionada coas obras en varias estradas que pasan por ambas as localidades.


Este sábado, o rexedor de Ponte Caldelas, Andres Díaz, e a alcaldesa accidental de Poio, Chelo Besada, mantiveron unha reunión para avanzar nas presións á Xunta para que cumpra coas "súas competencias" nas estradas PO-234 e PO-308, "dúas das máis perigosas" da rede viaria galega.


O pasado mes de xaneiro, segundo informou o Concello de Ponte Caldelas, este municipio entregou ao Goberno galego unha proposta de convenio para "desbloquear a realización das obras no perigoso tramo de curvas de Laxoso da PO-234", polo cal o consistorio "se ofrece a pagar as expropiacións dunha estrada autonómica".


O Concello de Poio interesouse na iniciativa, pioneira en España, e está a valorar realizar un movemento similar para o impulso das obras da PO-308.


A chamada 'Solución Ponte Caldelas' foi a resposta á Xunta logo de que o Executivo galego "presentase un ambiguo protocolo, sen compromiso esixible ningún" e no que "seguía responsabilizando" ao municipio da "cesión gratuíta de todos os terreos sen concretar os trámites legais a seguir".


"Os concellos de Ponte Caldelas e Poio considéranse irmandados pola discriminación da Xunta de Galicia nas obras da súa Rede Autonómica de Estradas e critican a irresponsabilidade de amparar, por puro partidismo político, unha inseguridade viaria que está a traducirse en accidentes e mesmo mortos", sinala no seu comunicado.


LEI DE ESTRADAS


Así as cousas, ambos os municipios coinciden en rexeitar a intención da Xunta de esixir aos concellos a cesión de terreos como "requisito" para actuar sobre unha estrada autonómica, cando estas son unha competencia do Executivo galego.


"A Lei de Estradas de Galicia reflicte os procedementos de obtención dos terreos e deixa claro que a tramitación administrativa debe ser realizada pola Administración autonómica. Todo o demais é un intento de confundir os veciños", apuntou.

relacionada Un concelleiro do BNG en Poio, investigado por un presunto delito de prevaricación
relacionada Atopan animais mortos e malnutridos nun alpendre dun veciño de Ponte Caldelas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE