Morre con 117 anos a persoa máis lonxeva do mundo

A italiana Emma Morano era oficialmente a última persoa nada no século XIX que quedaba con vida.


|

EmmamoranoEra a última persoa viva nada no XIX.


Emma Morano, quen aos 117 anos estaba considerada como a persoa máis anciá do mundo, morreu este sábado, segundo a prensa italiana.


Morano, que vivía no norte de Italia, naceu o 29 de novembro de 1899 na rexión do Piamonte e era oficialmente a última persoa nada no século XIX que quedaba con vida.


A muller atribuía a súa lonxevidade á súa xenética, posto que a súa nai alcanzaou os 91 anos e varias irmás chegaron ao cento, e a unha dieta que incluía tres ovos no día, dous deles crus.


A súa vida prolongouse ao longo de tres séculos, dúas guerras mundiais e máis de 90 gobernos italianos ata que finalmente amigos e familiares informaron da súa morte ás axencias de noticias italianas ANSA e AGI.


Agora o título de persoa máis anciá do mundo pasa á xamaicana Violet Brown, nacida o 10 de marzo de 1900.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE