O software libre conquista as empresas galegas

|

Ubuntusoftwarelibre


Máis do 85 por cento das empresas con 10 ou máis traballadores e a metade das microempresas galegas empregan software libre, mentres as medianas e grandes empresas galegas superan a media estatal no seu uso.


Son datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que revelan que esta última tipoloxía de empresas sitúa a Galicia no noveno posto do ránking estatal, por diante de comunidades como Madrid, Catalunya e Euskadi.


Entre a información achegada pola Xunta nun comunicado remitido aos medios destaca que as aplicacións libres con maior implantación no tecido empresarial galego son os navegadores da internet e as aplicacións ofimáticas libres. A principal fortaleza do software libre para as empresas é, por suposto, o seu custo cero. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress