A DXT activa 225 cámaras para controlar o uso do cinto de seguridade

Durante os dous primeiros meses o obxectivo é "concienciar", polo que os infractores recibirán unha carta informativa pero non serán sancionados. 


|

Cinturondeseguridad


A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) puxo en funcionamento este martes 11 de abril un total de 225 cámaras para controlar de modo automatizado o uso do cinto de seguridade por parte dos condutores.


Estas cámaras foron colocadas en pórticos ou postes, e o 60% están situadas en vías convencionais, que son as que rexistran maior accidentalidade e sinistralidade. O 40% restante áchase en vías de alta ocupación, segundo informa a institución.


O obxectivo da DXT con estas cámaras é concienciar aos condutores e xeneralizar o uso do cinto de seguridade entre todos os ocupantes do vehículo.


CONCIENCIAR EN LUGAR DE SANCIONAR


Por este motivo, durante esta fase de concienciación non se iniciará procedemento sancionador ata pasados dous meses, cando finalice esta fase. "Decidimos non sancionar, senón empezar por concienciar, xa que non é intención da DXT recadar se non salvar vidas", declarou o director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano.


Así pois, os condutores que circulen sen levar posto este dispositivo de seguridade e sexan captados polas cámaras nestes dous primeiros meses de campaña, recibirán unha carta informativa, comunicándolles que circulaban sen facer uso do cinto, xunto á proba gráfica da infracción, pero non serán sancionados. Unha vez finalizada esta fase de concienciación, as xefaturas de Tráfico comezarán a tramitar as denuncias, que corresponderán a 200 euros de multa e á retirada de tres puntos de carné.


UN 22% DOS FALECIDOS DE 2015 NON LEVABA CINTO


Tal e como lembra a institución, o 22% dos falecidos en 2015, usuario de turismo e furgonetas, non utilizaban o cinto de seguridade en vía interurbana. En canto ás vías urbanas, non facían uso do mesmo 19 dos 70 falecidos.


Respecto dos feridos hospitalizados, o 10% non levaba posto o cinto no momento do accidente no caso das vías interurbanas, mentres que a porcentaxe de feridos nos accidentes ocorridos en urbanas foi do 14%.


Estes datos, segundo o director xeral de Tráfico, "chaman á reflexión e á responsabilidade que todos, como usuarios de vehículos, temos de concienciar ao resto de ocupantes a facer uso do seguro de vida máis importante e máis barato que temos cando viaxamos en coche".


A DXT recalca que o uso do cinto de seguridade é un elemento esencial para conseguir alcanzar os trece indicadores incluídos na Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 e continuar reducindo as mortes na estrada. Segundo lembra, o uso do cinto reduce nun 60% a posibilidade de falecer en caso de accidente.

relacionada A DXT espera 1,4 millóns de desprazamentos en Galicia nos próximos 10 días
relacionada 60 radares, 200 cámaras e avisadores de velocidade para reducir a sinistralidade
relacionada Tráfico anuncia a creación dun 'historial médico' para vehículos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE