Tráfico anuncia a creación dun 'historial médico' para vehículos

A DXT controlará a aqueles coches que non renovasen ou teñan denegada a ITV mediante lectores de matrículas nas cidades. 


|

Traficocoches


O director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, adiantou este mércores 15 de marzo, que a DXT poñerá en marcha de "unha plataforma tecnolóxica de rexistro de vehículo para que os talleres que conten coa correspondente tecnoloxía poidan nela rexistrar todas as reparacións que fan ao vehículo".


"Do mesmo xeito que cando un médico vai operar a un paciente é importante que teña o seu historial clínico, agora, ao facer multitude de xestións con ese vehículo, é importante que teña o historial do mantemento, reparacións, etc...", subliñou Serrano.


Ademais, Serrano anunciou que controlarán aqueles coches que non renovasen ou teñan denegada a Inspección Técnica de Vehículos (ITV), mediante os lectores de matrículas nas cidades. Nun primeiro aviso informarase o condutor da infracción e se este é reincidente, sancionarase con 200 euros aos usuarios coa inspección caducada e con 500 euros coa ITV denegada.


Neste sentido, Serrano indicou que a medida levará a cabo a través de campañas periódicas e que pode entrar en vigor "inmediatamente" porque as cámaras lectoras xa están instaladas. Así mesmo, engadiu que Tráfico xa realiza este tipo de controis por medio dos radares, á vez que lembrou que "un coche que non ten seguro non pode pasar a ITV".


"Como, a pesar do que se pensa, a DXT non ten afán recadatorio, o que imos facer nun primeiro momento é informar, concienciar e comunicar a aqueles usuarios que non teñas a ITV pasada e, se a pesar disto se segue tendo a responsabilidade de ir polas estradas con ese tipo de vehículos, procederase ao segundo paso que é a sanción", explicou.

relacionada Galicia é a terceira comunidade que máis coches fabricou en 2016
relacionada PSA, o maior produtor e vendedor de vehículos de España tras a compra de Opel
relacionada 60 radares, 200 cámaras e avisadores de velocidade para reducir a sinistralidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE