A ópera galega 'O Arame' estrearase en xuño en Oxford

A peza, do compositor Juan Durán e do escritor Manuel Lourenzo, é o primeiro título operístico galego estreado no século XXI.


|

Oarameopera


A ópera galega 'O Arame' estrearase o próximo 10 de xuño no Magdalen College de Oxford como coprodución entre o Centro John Rutherford de Estudos Galegos, dependente da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Queen's College da Universidade de Oxford e XOGA (Xove Ópera Galega).


Segundo indicou a Xunta nun comunicado, a peza, da autoría do compositor Juan Durán e do escritor Manuel Lourenzo, é o primeiro título operístico galego estreado no século XXI no marco da programación de Amigos da Ópera na Coruña no ano 2008.


Trátase dunha adaptación dunha obra de Lourenzo publicada en 'Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (Laiovento, 2005), que conta a historia de dous cómicos que, xa vellos, regresan ao seu lugar de orixe, Fisterra, e cuestionan as súas traxectorias vitais.


Baixo a dirección musical de Tamara Lorenzo, impulsora de XOGA, e coa soprano Lorena Paz encima das táboas, esta ópera de cámara nun só acto e de 75 minutos de duración busca combinar a lingua galega coa música e o movemento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE