ONCE, El Corte Inglés e Mercedes Benz, as marcas con mellor reputación
Os consumidores avalan, entre outras calidades: a traxectoria, a calidade, a innovación, a ética ou o compromiso social.
Mercedes Benz, Once e a súa Fundación e El Corte Inglés foron elixidas como as marcas que contan con mellor reputación en 2016 polos consumidores, segundo se desprende do ránking realizado por Merco Consumo, que realiza por primeira vez esta clasificación.
En concreto, a firma de automoción recibiu a máxima puntuación (10.000 puntos) por parte dos consumidores, seguida da Once (9.767 puntos) e de El Corte Inglés (8.833 puntos), que ocupan o podio de honra.
A estas firmas séguenlle BMW, cuarto posto con 8.794 puntos, e Google, quinto con 8.406 puntos. Ademais, entre as 50 empresas mellor avaliadas figuran compañías coma Apple, Amazon, Microsoft, Coca-Cola, Mercadona, Carrefour ou Inditex, entre outras.
Por sectores, El Corte Inglés (3) lidera a clasificación de distribución, seguido de Amazon (8), Mercadona (22), Carrefour (31), Inditex (39) e Eroski (50), mentres que o automobilístico está encabezado por Mercedes Benz e séguenlle BMW (4), Toyota (9) e Grupo Volkswagen (40).
Google (5) abandeira as empresas do sector tecnolóxico, onde tamén figuran multinacionais como Apple (7), Microsoft (12), Sony (21) e Samsung (33).
Merco realizou este ránking tras facer cuestionarios a preto de 2.000 consumidores e a clasificación baseouse na avaliación de 10 variables en cada compañía como son a traxectoria, a calidade, a innovación, a ética, a empatía, o compromiso, ecolóxico, o compromiso social, o seu atractivo para traballar e o seu valor para investir.
Escribe o teu comentario