Educación afirma que "se está cumprindo escrupulosamente a lei" co novo selectivo

Rodríguez lembra que aqueles que cursaron 1º de Bacharel fóra sabían desde decembro que se terían que examinar de galego.


|

Selectivo


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, sinalou que "se está cumprindo escrupulosamente a lei" na posta en marcha da nova proba de acceso á universidade, que este curso substituirá á coñecida como selectividade.


De feito, segundo afirmou Rodríguez a preguntas dos medios este sábado en Santiago, o obxectivo no que traballan "desde o primeiro día" a Xunta, as universidades e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) --encargada de elaborar a proba-- é que esta se pareza "o máis posible" á antiga selectividade.


O titular de Educación saíu ao paso das denuncias dos estudantes de último ano de Secundaria que cursaron 1º de Bacharelato no estranxeiro e que este ano, a diferenza dos anteriores, si terán que examinarse da materia de Galego nas probas de acceso á universidade.


Román Rodríguez expresou que entende "a incerteza" e que exista "certo nerviosismo" entre estes alumnos porque se trata dunha proba "vital" para eles, pero lembrou que a obrigatoriedade de examinarse de galego nas probas deste curso coñécese "desde decembro".


SELECTIVIDADE


Anteriormente, co modelo de selectividade o alumnado de Secundaria que cursaba 1º de Bacharelato nun país estranxeiro estaba eximido de examinarse da materia de Galego nas probas de acceso á universidade.


Este ano coa implantación da nova proba de acceso a estudos superiores, o alumnado está obrigado a examinarse de todas as materias troncais de 2º de Bacharelato, entre as que se atopa Lingua e Literatura Galega.


"Un alumno que cursa segundo de Bachilerato, obviamente, ten preparación para presentarse ao exame", manifestou Román Rodríguez, para logo sinalar que, a pesar de que este cambio "se materializou" recentemente a través dunha orde, a medida "coñécese" desde o pasado mes de decembro.


Por tanto, o titular de Educación reiterou que o novo proceso de selección conta con "total garantía xurídica" e que as institucións implicadas traballan para "cumprir a lei, dar máis facilidades e corrixir as ponderacións para dar máis facilidades aos alumnos".

relacionada As Universidades galegas poderán 'saltarse' o mínimo de alumnos en titulacións 'singulares'
relacionada A valedora abre unha investigación pola "inseguridade xurídica" do novo selectivo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE