A irmá pequena de Diana Quer, detida por ameazar a súa nai
Valeria Quer é menor de idade e quedou en liberdade despois de comparecer ante a Fiscalía de Menores. A custodia corresponde ao pai.
A Policía Nacional detivo este xoves a Valeria Quer, a irmá de Diana Quer, por ameazar a súa nai, Diana López Pinel, informou a Europa Press un portavoz da Xefatura Superior de Policía de Madrid.
Valeria Quer, que é menor de idade, foi detida o xoves sobre as tres da tarde no seu domicilio, en Pozuelo de Alarcón, por ameazar a súa nai cun pau. Segundo fontes policiais, tivo unha forte discusión con ela e empezou a romper mobiliario cun pau. A nai sentiuse ameazada e chamou á Policía.
Cando os axentes acudiron ao domicilio, atoparon casa revolta. Foi trasladada á comisaría de Pozuelo de Alarcón e sobre as sete pasou a disposición da Fiscalía de Menores para despois quedar en liberdade.
A custodia da irmá menor de Diana Quer pasou ao pai das mozas tras serlle retirada á súa ex muller días despois da desaparición da maior o pasado 22 de agosto na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal.
O Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira chamou á nai para declarar en calidade de investigada e posteriormente inhibiuse a favor dun xulgado de Pozuelo de Alarcón, onde está o domicilio da familia.
Escribe o teu comentario