Circos Reunidos denunciará á Xunta ante Europa se prohibe traballar con animais salvaxes

Argumentan que o Executivo galego "só escoita aos animalistas" e avogan por regulación en lugar de prohibición


|

Circoanimales 1


A Asociación Circos Reunidos avanzou que impugnará a Lei de protección e benestar dos animais en caso de ser aprobada e vai denunciala en Bruxelas se prohibe aos circos traballar con animais salvaxes.


"Desde esta asociación seguiremos loitando polo benestar animal, pedimos unha regulación e unha lei de circo como noutros países, pero non a base de prohibicións que afectan a centos de traballadores e de animais", sinala o seu portavoz, Nacho Pedrera, nun comunicado.


Neste sentido, alertou das consecuencias que tería "con todos os adestradores, coidadores e veterinarios que traballan para o circo", engadindo que os animais "cumpren con todas as normativas de benestar animal, de núcleo zoolóxico e do convenio Cites".


"Son animais nacidos en catividade, adestrados con premios e agarimo, contan cun veterinario as 24 horas, pasan inspeccións semanais de Seprona e de veterinarios municipais, contan con cuadras acondicionadas e grandes recintos para correr e xogar. Son parte da nosa familia, vímolos nacer e criámolos desde pequenos con biberón, son como os nosos fillos".


Por iso, critican que o goberno galego queira "acabar cunha tradición" por escoitar só" aos grupos animalistas, sen preguntarnos ao sector afectado". "Esperemos que quede nunha regulación e non nunha prohibición, pola contra teremos que levar ao goberno Galego aos tribunais"

relacionada Galicia reforza o benestar animal sen prohibir as corridas de touros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE