O Concello de Santiago sinalizará as 71 árbores máis emblemáticas da Alameda

As placas proporcionarán información sobre o "o valor natural e histórico" dos exemplares, e estarán en galego, español, inglés e braille


|

Alamedasantiago

// turismo.gal


O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia de Santiago, Xan Duro, presentou este martes unha iniciativa pola que se sinalizarán as árbores máis emblemáticas da Alameda. Concretamente, poñeranse carteis informativos en 71 exemplares dos 80 que hai no parque.


Segundo explicou Xan Duro, esta sinalización proporcionará información sobre "o valor natural e histórico" dos exemplares máis significativos, entre os que destacou a presenza de "cinco árbores autóctonas de Galicia".


Na presentación deste proxecto tamén estiveron presentes a vicepresidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago (Alumni USC), María Julia Melgar, e o representante da empresa de serradoiro Finsa, Ismael Oliveira, posto que os dous entes colaboran co concello nesta iniciativa.


De feito, Finsa é a encargada de fornecer os soportes e as placas para a sinalización. Estes sinais, apuntou Ismael Oliveira, produciranse con piñeiro de Galicia tratado para ser resistente ás condicións meteorolóxicas.


Xandurosantiago


PLACA EN VARIOS IDIOMAS


O representante da empresa tamén sinalou que o nome das especies estará en diversos idiomas, concretamente en galego, castelán, inglés e braille.


Así mesmo, na placa figurará un cógido QR que permitirá acceder a través do teléfono móbil a unha explicación máis detallada da especie na web do concello. Finalmente, afirmaron que se agarda que as sinais estean instaladas no verán.

relacionada Santiago aproba os seus orzamentos co apoio de Compostela Aberta e BNG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE