De Guindos vaticina que se crearán máis de 500.000 postos de traballo este ano

O ministro adianta que o Goberno revisará seis décimas á baixa a súa previsión da taxa de paro e sostén que os salarios "se van normalizando".


|

Deguindosmanos


O ministro de Economía, Industria e Competitividade, Luis de Guindos, anunciou este martes que España creará este ano máis de 500.000 postos de traballo, co que a taxa de paro quedará "claramente" por baixo do 17%.


Así o avanzou De Guindos durante a súa intervención nos Almorzos Informativos de Europa Press, nos que adiantou que o Goberno revisará este venres polo menos en seis décimas á baixa a súa previsión da taxa de paro deste ano na actualización do cadro macroeconómico no marco do proxecto de lei dos Orzamentos Xerais do Estado.


Desta forma, a taxa de paro situarase "claramente" por baixo do 17%, fronte á taxa do 17,6% prevista na última actualización do cadro macroeconómico realizada o pasado mes de decembro, e crearanse este ano algo máis de 500.000 postos de traballo.


De Guindos destacou que esta revisión da previsión de emprego supón que a taxa de paro caería en 10 puntos desde o seu nivel máximo alcanzado en 2013.


Así mesmo, asegurou que se non se reverten as reformas que "están a dar os seus froitos", España pode rexistrar ata catro anos con crecementos superiores ao 2,5% do PIB, o que permitiría recuperar o emprego de hai unha década.


Neste sentido, destacou a efectividade da reforma laboral na introdución de competitividade e a mellora de produtividade. "Estou convencido de que ninguén sensato a cambiaría", apostilou.


O ministro indicou que a principal causa de desigualdade nos anos de crises foi o paro, pero os datos "empezan a mellorar" e constátase xa que a evolución salarial "se vai normalizando" e "seguro" que hai empresas en determinados sectores que poden levar a cabo un incremento salarial.

relacionada O Goberno non vai atrasar a idade de xubilación "máis aló" dos 67 anos
relacionada Francisco Conde confía en que o paro se volva reducir en marzo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE