Quince anos de atraso nun diagnóstico e o Sergas sostén que a paciente está ben atendida

|

Laboratoriopruebas


A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña fai público o caso dunha paciente que leva máis dunha década padecendo un mal funcionamento da sanidade pública en Galicia. A situación de María del Mar chama especialmente a atención por unha cifra en particular: 15 anos de atraso nun diagnóstico, 15 anos padecendo lupus e sendo derivada entre especialistas e departamentos.


A propia paciente relata o periplo de anos que a acabaron deixando cun grao de discapacidade do 67% e dores "incapacitantes". Hoxe en día, con tres enfermidades autoinmunes, segue sen ser atendida con dilixencia e sen recibir explicacións, mentres acumula máis atrasos.


Segundo conta a plataforma, este mesmo ano, "tras interpoñer diferentes reclamacións para a realización dunha proba urxente a principios deste ano, a xerencia mantén a súa cita para novembro. Ademais, a subdirectora de Atención ao Paciente evita falar coa paciente mentres estuda o seu expediente, coñecedora de que as súas queixas chegaron á Valedora do Pobo.


O relato de María del Mar reflicte ademais a súa indignación pola negativa do Sergas a derivala ao Clínic de Barcelona, que conta cunha Unidade de Enfermidades Autoinmunes. A sanidade pública galega considera que a paciente está a ser "ben atendida". Esta última decisión está hoxe en día recorrida e á espera de que revisen o caso.

relacionada O Sergas indemnizará a unha parella de Ferrol por dous anos de atraso nunha proba neonatal
relacionada O Defensor do Paciente denuncia o caso dunha muller con metástase á que "mandan traballar"
relacionada ​Denuncian 5 meses de demora para unha cita dun paciente oncolóxico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress