O PSdeG propón un plan para fomentar a substitución xeracional nos autónomos

Instan á Xunta a impulsar axudas para o traspaso de negocios a mozos por parte de traballadores autónomos de máis de 60 anos


|

Autonomosgalicia 1


O PSdeG rexistrou na Cámara galega unha proposta para a creación dun plan de incentivos que fomente a substitución xeracional nos traballadores autónomos.


Segundo recolle un comunicado, o deputado socialista Abel Losada solicitou á Xunta que impulse "nun prazo de tres meses" un programa de axudas para o traspaso de negocios a emprendedores mozos por parte de traballadores autónomos de máis de 60 anos.


O obxectivo do programa radica na necesidade de reverter as "importantes debilidades" existentes no sector dos pequenos negocios e nas profesións en risco de extinción á hora de atopar unha substitución que continúe coa actividade unha vez se achegue a hora da xubilación.


Así, o plan estaría dirixido a "persoas de entre 18 e 30 anos beneficiarias do sistema de garantía xuvenil", en especial a aqueles que pertenzan a algún colectivo en risco de exclusión social, e busca tamén "priorizar o retorno da xente nova á súa localidade orixinaria ou a Galicia".


Os socialistas lembraron que "un 10%" dos autónomos xubilarase nos próximos anos, un colectivo no que "catro de cada cinco non teñen asalariados ao seu cargo".


Deste xeito, alertan que "é previsible que moitos pechen os seus negocios por causas económicas ou organizativas", polo que se perderá "un número moi elevado de negocios que non parece que vaian ser substituídos directamente no tecido empresarial".

relacionada Máis do 90% dos autónomos menores de 40 anos cotiza pola base mínima
relacionada ​O 38% dos xornalistas galegos teñen contratos temporais ou son autónomos
relacionada Máis tarifa plana e 32 semanas de permiso de maternidade para os autónomos galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE