Zapatero: "Obama díxome que facer autocrítica é equivocarse dúas veces"

O ex presidente cre que o PSOE debe reivindicar a socialdemocracia, que "gañou a batalla ideolóxica" en Europa e demostrar "seguridade en nós mesmos, no que fixemos e no que representamos".


|

Zapateroobama


José Luis Rodríguez Zapatero asegurou no transcurso dunha conferencia organizada polo seu partido en Las Palmas de Gran Canaria que o xa ex presidente de Estados Unidos Barack Obama lle dixo nunha ocasión que "facer autocrítica é equivocarse dúas veces".


Segundo o mandatario español, Obama consideraba que recoñecer un erro político era unha mala estratexia "porque o vas recoñecer e os adversarios [políticos] non che van dicir: Que ben o fixeches!".


Zapatero, por iso, considera que "esta ben o da autocrítica" no PSOE, pero sen pasarse. "Ninguén vai defender o PSOE salvo nós mesmos", argumentou.


Para o ex presidente español, a socialdemocracia "gañou a batalla ideolóxica" en Europa e, por tanto, dixo que o PSOE ten "as razóns históricas e os feitos" do seu lado. "Só temos que informar, explicar, debater e non deixarnos levar", sostivo.


Zapatero dixo que "ata a dereita tivo que asumir" o Estado do Benestar e as conquistas sociais da esquerda. "Gústalles raquítico, iso si, pero téñeno que asumir; incluído os dereitos e liberdades. Non se atreven a tocar as grandes leis de igualdade que fixemos", defendeu.


Ademais, aproveitou para arremeter con eses partidos que "agora" queren ser "tan de esquerda" e declarouse de acordo co presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, cando sostivo que o problema "non son os partidos populistas, senón aqueles que se queren parecer aos populistas".


"Nós temos un corpo ideolóxico, temos teorías, experiencia de Goberno e líderes. Somos unha cousa seria. Nós temos unha personalidade, unha seguridade en nós mesmos, no que fixemos e no que representamos", sostivo.

relacionada Patxi López trae o seu proxecto do PSOE a Lugo, Monforte de Lemos e Pontevedra
relacionada Pedro Sánchez presenta en Pontecaldelas e Ourense o seu proxecto para recuperar o PSOE
relacionada Carmela Silva afirma que vai apostar "por unha muller" para liderar o PSOE

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE