O Goberno aprobará o decreto lei o 31 de marzo para que haxa oposicións docentes

Méndez de Vigo reiterou o compromiso do executivo de rebaixar a taxa de interinidade, en tres anos, do 20 ao 8 por cento. 


|

Mendezdevigo


O Ministro de Educación, Cultura e Deportes, confirmou que o Goberno presentará o día 31 de marzo, xunto aos orzamentos xerais do Estado, un decreto lei que permitirá ás comunidades autónomas convocar "oposicións para mestre".


Reiterou, ademais, o compromiso do executivo de rebaixar a taxa de interinidade nos persoal docentes. "O obxectivo do Goberno é acabar con algo moi negativo que son os interinos e rebaixar en tres anos a cifra do 20 ao 8 por cento", explicou Méndez de Vigo nunha entrevista nos Almorzos de TVE recollida por Europa Press.


Para o titular de Educación, a redución do número de interinos "é un obxectivo ambicioso" e "demostra moi ás claras a vontade (do Goberno) de facer ese pacto social e político". 


Precisamente, asegurou que as negociacións para alcanzar un acordo en Educación "van ben". Así mesmo, lembrou que o luns intervirá na Comisión Xeral de Autonomías do Senado "con todos os conselleiros de comunidades autónomas e vaise seguir traballando".


PAGO DE BOLSAS


O titular da carteira de educación referiuse tamén ao pago das bolsas, e destacou que se pechou esta semana o pago á cantidade variable das axudas ao estudo "con antelación ás datas do ano pasado", algo que, segundo destacou, "é complicado".


Por outra banda, o ministro referiuse ás negociacións con a baronesa Carmen Thyssen para a renovación do contrato de cesión da súa colección ao Museo Thyssen. "A baronesa dixo que somos moi simpáticos e tamén nós dixemos que ela é moi simpática e imos chegar a un acordo, porque cremos que é unha boa cousa e imos ver se nos entendemos", dixo o Ministro.


Sobre o IVE cultural lembrou o compromiso do Executivo con Ciudadanos para rebaixar o imposto aos espectáculos en vivo nos próximos orzamentos.

relacionada Feijóo apela á responsabilidade do PSOE no Congreso para aprobar a OPE
relacionada O Conselleiro de Educación confirma que as oposicións docentes convocaranse en abril

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE