Unha mestra con orixes en Betanzos, entre as vítimas mortais do ataque de Londres

|

Londrespuenteatentado


Unha das vítimas mortais do atentado vivido en Londres este mércores ten raíces en Galicia. Trátase de Aysha Ahmet Caldelas, mestra na capital británica, con familia en Betanzos. Na localidade coruñesa, de onde é orixinaria súa nai, dúas irmás teñen unha academia de inglés, aínda que a falecida nunca residiu en Galicia.


A Policía Metropolitana confirmou que hai sete persoas detidas pola súa suposta relación co atentado perpetrado este mércores preto da sede do Parlamento británico en Londres, á vez que recalcou que o autor do ataque actuou en solitario.


"Un cento de detectives estiveron traballando toda a noite e, neste período, rexistramos seis domicilios e realizamos sete arrestos", asegurou o comisionado adxunto da Policía Metropolitana, Mark Rowley, nunha comparecencia ante a prensa este xoves.


Rowley asegurou que os investigadores cren que o autor do atentado actuou en solitario. "A nosa crenza é que o atacante actuou só durante o atentado de Westminster deste mércores e que estaba inspirado polo terrorismo internacional", afirmou.


O alto mando policial confirmou que se mantén o balance de vítimas, con catro mortos, e que hai 29 persoas que están a recibir tratamento médico a varios hospitais, das cales sete están "en estado crítico".


A cadea de televisión Sky News informou á primeira hora deste xoves que a Policía arrestou varias persoas nunha vivenda na localidade de Birmingham pola súa suposta relación co atentado de Londres.


A cadea británica BBC indicou que existen probas de que o vehículo que se utilizou durante o ataque executado ante o Parlamento fora alugado en Birmingham, aínda que non se confirmou aínda este extremo.


Polo menos cinco persoas morreron, incluído o autor do atentado, e 40 resultaron feridas despois de que un home atropelase co seu coche varias persoas na ponte de Westminster para acabar encaixándoo contra o valo do recinto parlamentario. Unha vez alí, tentou entrar a pé armado cun coitelo, pero foi abatido a tiros pola Policía.

relacionada Londres revive o medo terrorista tras un incidente xunto ao Parlamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress