A Xunta mediará en Pescanova para "axudar" no seu conflito laboral

En Marea denuncia que a empresa obtén beneficios e aínda así precariza, mentres a Xunta pide prudencia. 


|

Pescanova 2


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou este mércores que a Xunta asumirá o papel de mediadora para "axudar" no conflito laboral aberto en Pescanova pola negociación do novo convenio colectivo.


Sobre o papel que asumirá o Goberno galego neste caso preguntou a deputada de En Marea Paula Quinteiro, quen denunciou que a empresa, que está a ter "beneficios", busca "profundar na precariedade laboral".


Ante o pleno da Cámara, a parlamentaria lembrou que "todo o persoal secundou a folga" para reclamar un emprego "digno" e censurou que sempre "paguen as maiorías sociais as consecuencias da crise".


Enfronte, Conde pediu "prudencia" á oposición ao falar "dun dos principais estandartes do tecido produtivo galego" e salientou que a Xunta seguirá sen "escatimar esforzos" para dar "solucións" a Pescanova.


"Estivo, está e estará á beira do emprego, do emprego de calidade, dos traballadores", recalcou, non sen demandar que non se faga "política" cunha situación que pode resolverse "con mediación". "Non hai que dividir, senón axudar", resolveu.

relacionada Un malentendido entre un axente e un traballador de Pescanova remata en detención
relacionada Segundo día de folga nas plantas de Nueva Pescanova

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE