A 'vella' Pescanova impugna a ampliación de capital de Nova Pescanova
Rexeita a invitación da multinacional pesqueira de destinar parte dos seus créditos para adquirir participacións en Nova Pescanova.
A maioría de accionistas da 'vella' Pescanova (máis do 55%) ratificou este mércores nunha xunta xeral extraordinaria o acordo de unha reunión anterior de impugnar a ampliación de capital de Nova Pescanova.
Tamén acordou rexeitar a invitación da multinacional pesqueira de destinar parte dos seus créditos a adquirir participacións en Nova Pescanova.
Por outra banda, na xunta deste mércores renovouse o Consello de Administración, do que entrou a formar parte Luís Martín Bernardo, que se converteu en administrador e que representa ao fondo Broadbill e a Sodesco (sociedade controlada polo expresidente de Pescanova Manuel Fernández de Sousa).
O novo consello complétase cos avogados Alejandro Fernández, Luís Malo de Molina e Juan Manuel Ginzo, que se suman ao conselleiro-secretario Leopoldo Fernández.
Escribe o teu comentario