Dimiten dous conselleiros de Pescanova

|

Pescanova 2 1


César Mata Moretón e César Real Rodríguez presentaron a súa dimisión como conselleiros de Pescanova e, no caso do segundo, tamén como secretario do Consello de Administración, segundo informou a compañía matriz de Nova Pescanova á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


A 'vella Pescanova' anunciou que convocará nos próximos días unha Xunta Extraordinaria de Accionistas para someter a deliberación e votación a renovación do Consello. Así mesmo, na orde do día desa Xunta tamén figurarán "outros acordos transcendentes" para Pescanova que, segundo a compañía, fará públicos cando se anuncie a convocatoria da mesma.


Pescanova indicou que a decisión de reunir á Xunta Extraordinaria de Accionistas responde a "recentes cambios accionariais significativos". Así mesmo, explicou que a dimisión presentada por ambos os conselleiros responde o obxecto de "facilitar o proceso de renovación" do Consello.


César Mata Moretón é conselleiro da entidade desde maio de 2014, cando substituíu a Luís Sánchez Merlo, e desempeña o posto de secretario do consello de administración desde o 21 de setembro de 2001. Pola súa banda, César Real Rodríguez chegou ao consello recentemente, en setembro do ano pasado.

relacionada CCOO rexeita a proposta de convenio "precarizadora" de Nova Pescanova

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress