A alerta por neve deixa sen clase a máis de 7.900 escolares de 177 centros

Con todo, a Xunta confirmou que non se suspenderon as clases en ningún centro educativo, pero si o transporte. 


|

Nievecarretera 1


Un total de 7.918 alumnos de infantil, primaria e secundaria de 177 centros educativos de Galicia non puideron acudir este mércores ás súas aulas debido ás condicións meteorolóxicos ante a alerta por neve.


Así o informou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que concretou que na provincia de Ourense quedaron sen clase 2.935 estudantes de 65 centros educativos afectados.


En concreto, os centros ourensáns afectados pertencen a municipios como Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, Maside, A Peroxa, San Cristovo de Cea, Padrenda, O Pereiro de Aguiaar, San Amaro, Allariz, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Laza, A Merca, A Pobra de Trives, A Rúa, O Barco e Manzaneda.


A segunda provincia máis afectada foi a de Pontevedra, con 2.174 estudantes sen clase e 50 centros afectados das localidades de Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.


Mentres, na provincia de Lugo non puideron acudir ás aulas 1.449 alumnos de 48 centros dos municipios de Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castroverde, O Corgo, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Portomarín, Rábade, Xermade, Baleira, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.


Polo seu lado, o mal tempo deixou sen clase a 1.360 estudantes de 14 centros educativos da provincia da Coruña dos municipios de Ames, Melide, Monfero, Ordes, As Pontes de García Rodríguez, Santiago de Compostela, Santiso, As Somozas e Tordoia.


TRANSPORTE SUSPENDIDO


Con todo, a Consellería de Educación confirmou que non se suspenderon as clases en ningún centro educativo das catro provincias galegas.


En concreto, a Xunta suspendeu o transporte escolar este mércores e xoves en 173 concellos por aviso de neve nas catro provincias.

relacionada A neve deixa sen transporte escolar a 173 concellos o mércores e o xoves

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE