May activará o proceso do Brexit o 29 de marzo

O Goberno británico fíxase como obxectivo "un acordo que funcione para toda Europa", positivo para Reino Unido e a Unión Europea. 


|

Londresreinounidobibbengwestminster


A primeira ministra do Reino Unido, Theresa May, iniciará o 29 de marzo o proceso de negociación para a saída do seu país da Unión Europea coa activación do artigo 50 do Tratado de Lisboa, segundo confirmou o Executivo de Londres.


O representante permanente do Reino Unido ante a Unión Europea, Tim Barrow, notificou este luns á oficina do presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, a súa "intención" de invocar o artigo 50 do tratado comunitario "o 29 de marzo". "Este anuncio cumpre o compromiso do Reino Unido de activar o artigo 50 a finais de marzo do 2017", agregou o Goberno británico.


O ministro responsable do Brexit, David Davis, lembrou que o pobo británico adoptou en xuño de 2016 a "decisión histórica" de abandonar a Unión Europea e subliñou que o Goberno está agora "no limiar da negociación máis importante para a este país nunha xeración".


"O Goberno é claro cos seus obxectivos: un acordo que funcione para cada país e rexión do Reino Unido e que, de feito, funcione para toda Europa; unha nova alianza positiva entre o Reino Unido e os nosos amigos e aliados da Unión Europea ", explicou Davis.

relacionada "Non se debe deixar caer o construído" en Europa por culpa do Brexit
relacionada Escocia defende un novo referendo de independencia para 2018

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE