Unha condutora bate contra dous coches en Lugo e foxe a pé
Abandonou o seu propio vehículo envorcado en plena calzada de madrugada. A Policía Local trata de identificar e localizar á muller.
Imaxe doutro coche envorcado.
A Policía Local de Lugo busca a condutora dun vehículo que este luns se deu á fuga a pé tras chocar con dous coches aparcados e envorcar na capital luguesa.
Segundo informaron fontes municipais, o accidente sucedeu sobre as 00,45 horas deste luns día 20 á altura do número 13 do Camiño de Romai.
O turismo con matrícula LU-1964-M, que circulaba en sentido ascendente pola vía, chocou primeiro contra un vehículo estacionado con placa 5278-HBN e, seguidamente, con outro coche con matrícula 5379-DYX.
Despois dos impactos, o turismo con placa LU-1964-M quedou envorcado na calzada e a súa condutora deuse á fuga a pé, segundo concretou a Policía Local.
Por iso, iniciáronse investigacións para a localización e identificación da condutora.
Escribe o teu comentario