Un coche atropela un menor en Pereiro de Aguiar e fúgase

O neno non ten feridas graves, pero o condutor non chegou nin a parar para interesarse polo seu estado.


|

Cochepersecucion



Un turismo que circulaba polo lugar de Ordelles, na parroquia de Chaodarcas, en Pereiro de Aguiar, deuse á fuga despois de atropelar un menor.


Segundo indicou o CAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 20,00 horas deste sábado na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar. A pesar de que o neno non revestía gravidade, si se atopaba con problemas de orientación.


Unha vez recibida a alerta da nai do menor, o CAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do GES da localidade.

relacionada Ferida unha persoa ao ser atropelada nun paso de peóns no centro de Santiago
relacionada Un condutor atropela dúas persoas en Sanxenxo e dáse á fuga
relacionada Unha nena de nove anos resulta ferida nun atropelo en Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE