Persecución polas rúas de Narón para atrapar un condutor bebido e sen carné
Antes da unha da madrugada, a Garda Civil conseguiu cortarlle o paso tras varios quilómetros detras del.

Axentes da Garda Civil protagonizaron na madrugada deste martes, sobre as 0,40 horas, a persecución dun vehículo, un Peugeot 405, por varias estradas, rúas e avenidas de Narón (A Coruña) e que finalizou tras unha fuxida que se prolongou durante varios quilómetros.
Segundo confirmaron fontes da Benemérita a Europa Press, a fuxida do condutor iniciouse cando os axentes o localizaron facendo manobras temerarias na parroquia de Castro, na zona rural de Narón, e accedendo á zona urbana por Freixeiro, onde tomou unha das rotondas polo carril contrario no seu intento de fuxida.
O vehículo entrou a gran velocidade polas rúas Illa da Toxa, Illa de Tambo e Mestre Mateo, todas elas situadas na barraida coñecida como das 'Casas da Mariña', segundo relatan as mesmas fontes, onde foi inteceptado o vehículo por dous automóbiles da Garda Civil, que lle cortaron o paso nunha rúa estreita, ao situarse un por diante e outro por detrás.
DELITO CONTRA A SEGURIDADE DO TRÁFICO
Os axentes impútanlle ao condutor un delito contra a seguridade do tráfico por condución temeraria. Ademais, deu positivo no test de alcoholemia, sen superar a taxa dos 0,60 miligramos de alcol en aire expirado, o que supón a comisión dun delito contra a seguridade viaria.
Tamén foi denunciado por conducir sen carné, feito que se considera unha infracción administrativa neste caso, xa que o condutor posúe licenza de ciclomotor.
 
     
					 Denunciado por colgar en facebook un vídeo no que facía manobras temerarias co coche
                        Denunciado por colgar en facebook un vídeo no que facía manobras temerarias co coche
                    
Escribe o teu comentario